A Xunta de Galicia convocou as axudas do Programa de mellora da accesibilidade nas e ás vivendas para o ano 2025. Estas subvencións, enmarcadas dentro do Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, teñen un orzamento total de 5.298.873 euros e poderán solicitarse ata o 28 de abril de 2025 ou ata que se esgoten os fondos.
Quen pode solicitar estas axudas
Poderán ser beneficiarias destas axudas tanto persoas físicas como xurídicas de natureza privada que sexan:
- Propietarios ou usufrutuarios de vivendas unifamiliares.
- Propietarios ou usufrutuarios de edificios residenciais.
- Propietarios ou usufrutuarios de vivendas en edificios residenciais.
- Comunidades de propietarios e sociedades cooperativas.
- Empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios.
- Persoas arrendatarias que financien melloras de accesibilidade con acordo do propietario.
Actuacións subvencionables
As axudas están destinadas a mellorar a accesibilidade dos edificios e vivendas, incluíndo:
- Instalación de ascensores, salvaescaleiras e ramplas.
- Automatismos para a apertura de portas.
- Sistemas tecnolóxicos de guiado e localización.
- Elementos de información e comunicación accesibles.
- Dispositivos de alarma con comunicación visual e auditiva.
- Sistemas domóticos para a autonomía de persoas con discapacidade.
Contía das axudas
Os importes máximos que poderán recibir os solicitantes son:
- Vivendas unifamiliares: ata 12.500€ (15.000€ se hai unha persoa con discapacidade e 18.000€ se o grao de discapacidade é do 33% ou superior).
- Edificios de vivendas: ata 9.000€ por vivenda e 90€/m2 de local comercial.
- Vivendas en edificios: ata 6.000€ por vivenda (con aumentos ata 15.000€ ou 18.000€ segundo a discapacidade).
- En todos os casos, a axuda cubrirá un máximo do 60% do custo da obra (80% se hai residentes con discapacidade ou maiores de 65 anos).
Prazos e requisitos
As vivendas e edificios deben estar finalizados antes de 2006, agás se residen neles persoas con discapacidade do 33% ou superior. As obras non poderán terse iniciado antes do 1 de xaneiro de 2022 nin estar finalizadas antes da publicación da convocatoria.
O prazo máximo para a execución das obras será ata o 1 de decembro de 2026, cun límite de 12 meses desde a resolución para vivendas unifamiliares e 24 meses para edificios residenciais.
Ver resolución do DOG en xunta.gal >
Ascel, expertos en Ascensores e Accesibilidade en elevación
Se a rehabilitación da súa vivenda ou edificio inclúe a reforma ou instalación dun ascensor ou algún sistema de Accesibilidade en elevación, lembre que en Ascel somos fabricantes e instaladores e que estaremos encantados de asesoralo en calquera das súas necesidades.
Chámanos agora! 986 19 19 66 ou escríbenos mediante o formulario de contacto ou a info@ascel.es
Tes algunha dúbida?
Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.
Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966




