En Ascel encargámonos da instalación de montacoches en Galicia para todo tipo de edificios, desde residenciais ou vivendas unifamiliares ata aparcadoiros e talleres mecánicos. 

Cos elevadores para coches de Ascel é posible acceder ao garaxe da propiedade dunha forma cómoda e rápida. Todo iso sen renunciar á seguridade e á eficiencia. Ademais, adaptámonos por completo ás necesidades do proxecto, aunando estética e funcionalidade e achegando un maior espazo útil ao edificio. 

Ofrecemos proxectos chave en man e orzamentos personalizados para que o prezo do ascensor para coches non sexa un impedimento á hora de gozar das súas grandes vantaxes. 

Ascel, solucións de aparcamento con tecnoloxía intelixente. 

Montacoches e plataformas de elevación en Galicia para…

  • Vivendas unifamiliares. Instalamos montacoches en Galicia especialmente deseñados para vivendas unifamiliares. Plataformas de elevación silenciosas que permiten optimizar ao máximo o espazo das parcelas. 
  • Aparcadoiros. Os nosos montacoches pódense instalar en todo tipo de aparcadoiros. Perfectos se se busca ofrecer un servizo exclusivo e diferenciador. 
  • Talleres mecánicos. Encargámonos da montaxe de ascensores montacoches en Galicia para talleres mecánicos, mellorando o traballo e a produtividade dos profesionais. 
  • Edificios residenciais. Elevadores de vehículos para todo tipo de edificios residenciais, que ofrecen confort e seguridade aos seus inquilinos. 

Carlift, montacoches de gran calidade

Carlift destaca por su seguridade, confort e estabilidade. É a opción perfecta para optimizar o espazo do edificio ou da vivenda unifamiliar. Do mesmo xeito, é apto para instalar en talleres mecánicos e aparcadoiros, ofrecendo unha experiencia confortable a todas as persoas usuarias. 

Ademais, hai diversos modelos de ascensores para coches. Axustámonos ás necesidades de cada construción e aos requirimentos do proxecto: elevadores de automóbiles que permiten que o condutor vaia a bordo do vehículo, elevadores de coches sen condutor a bordo, ascensores para coches moi silenciosos, montacoches de alta gama…

Se queres instalar un montacoches en Galicia ao mellor prezo, non dubides en contactar connosco. Orzamentos 100% personalizados e sen compromiso.