En Ascel encargámonos da montaxe e a instalación de portas automáticas en Galicia. Dispoñemos dunha ampla gama de portas corredizas de cristal para todo tipo de negocios, comercios e edificios públicos ou privados. 

Ademais, son sistemas aptos para interior e exterior en zonas con alta densidade de tráfico ou que requiren solucións técnicas para mellorar a accesibilidade tales como bares e restaurantes, supermercados, centros comerciais, hoteis, centros hospitalarios, residencias de maiores ou grandes almacéns.

Axustámonos por completo ás necesidades do proxecto, garantindo instalacións de calidade para que as persoas usuarias teñan sempre a maior comodidade e eficiencia. 

Portas corredizas de cristal en Galicia para…

  • Comercios e negocios. Instalamos portas automáticas de cristal en toda clase de negocios: bares, restaurantes, tendas…
  • Edificios públicos e privados. Ofrecemos portas corredizas automáticas para empresas públicas e privadas, desde hospitais, colexios e oficinas ata hoteis, centros recreativos ou residencias.
  • Grandes superficies. Supermercados, centros comerciais, concesionarios de vehículos, centros loxísticos… Temos as mellores portas automáticas en Galicia para grandes superficies. 

Que modelos de portas automáticas en Galicia temos?

  • Porta corrediza curva. Perfecta para crear entradas singulares e elegantes. Posúe amplas posibilidades de personalización (medidas, cores, acabados…) e a opción de escoller entre diferentes raios e graos de curvatura. Igualmente, está dispoñible con curvatura cóncava ou convexa e con follas transparentes ou enmarcadas. 
  • Porta corrediza telescópica. Totalmente personalizable e de apertura central ou lateral, é a máis recomendada para entradas e saídas con gran circulación de persoas ou para lugares nos que se necesita unha ampla zona de paso. Pódese equipar con follas transparentes ou enmarcadas.
  • Porta corrediza estándar. A nosa porta corrediza de cristal máis demandada. É ideal para entradas e saídas de circulación intensa de persoas. Conta cun elevado nivel de personalización, está dispoñible con apertura central ou lateral e con follas enmarcadas ou transparentes. Ademais, é a que posúe a maior velocidade de apertura do mercado. 

Se estás a buscar portas automáticas en Galicia, Ascel é a túa mellor opción. Encargarémonos de ofrecerche as solucións técnicas máis avanzadas para conseguir unha boa fluidez do tráfico de persoas, así como unha accesibilidade óptima. Todo sen penalizar a seguridade, a calidade e o confort. 

Queres máis información? Contacta connosco! Encantaranos escoitarte e axudarte.