Ascel ELEVACIÓN2026-11-12T19:24:39+01:00

Ascel Elevación

80 ANOS DE EXPERIENCIA EN

FABRICACIÓN, INSTALACIÓN E MANTEMENTO DE ASCENSORES

desde Galicia, para Galicia

EN ASCEL MOVÉMONOS POR VOSTEDE

Fundada en 1943, Ascel é pioneira en Galicia, ao longo de tres xeracións, na fabricación, instalación e mantemento de ascensores – salvaescalas – plataformas verticais para persoas con mobilidade reducida e industriais. A nosa traxectoria converteunos nunha das empresas líderes na eliminación de barreiras arquitectónicas e instalación de ascensores en edificios rehabilitados.

O noso principal obxectivo é a calidade do produto e servizo, a atención personalizada e a implantación de instalacións de ascensores dotadas das últimas tecnoloxías de transporte vertical, o que permite ofrecer ao cliente unha concepción de relación baseada na confianza e calidade do produto e servizo.

Realizamos todo tipo de proxectos de enxeñaría con ascensores e equipos de elevación vertical como eixo deles. Temos todas as solucións e innovacións que poida necesitar para a súa instalación.

Adaptámonos ás exixencias do cliente, ás características da edificación e á lexislación vixente.

As instalacións realízanse “Chave en Man” e estaremos presentes en todo o proceso, desde o cálculo de estruturas, obras auxiliares de albanelaría – serrallaría, posta en Marcha do elevador, e realizaremos, así mesmo, o Mantemento Técnico Preventivo-Correctivo.

Todos estes procesos son coordinados entre a propiedade e nós.

Evite futuros gastos.

Unha decisión que lle compensará.

Configurador de cabinas de ascensor.

NOTICIAS RECENTES
Go to Top