A Xunta de Galicia convocou as axudas do Programa de mellora da accesibilidade nas e ás vivendas para o ano 2025. Estas subvencións, enmarcadas dentro do Plan Estatal para o acceso á vivenda 2022-2025, teñen un orzamento total de 5.298.873 euros e poderán solicitarse ata o 28 de abril de 2025 ou ata que se esgoten os fondos.

Quen pode solicitar estas axudas

Poderán ser beneficiarias destas axudas tanto persoas físicas como xurídicas de natureza privada que sexan:

  • Propietarios ou usufrutuarios de vivendas unifamiliares.
  • Propietarios ou usufrutuarios de edificios residenciais.
  • Propietarios ou usufrutuarios de vivendas en edificios residenciais.
  • Comunidades de propietarios e sociedades cooperativas.
  • Empresas construtoras, arrendatarias ou concesionarias de edificios.
  • Persoas arrendatarias que financien melloras de accesibilidade con acordo do propietario.

Actuacións subvencionables

As axudas están destinadas a mellorar a accesibilidade dos edificios e vivendas, incluíndo:

  • Instalación de ascensores, salvaescaleiras e ramplas.
  • Automatismos para a apertura de portas.
  • Sistemas tecnolóxicos de guiado e localización.
  • Elementos de información e comunicación accesibles.
  • Dispositivos de alarma con comunicación visual e auditiva.
  • Sistemas domóticos para a autonomía de persoas con discapacidade.

Contía das axudas

Os importes máximos que poderán recibir os solicitantes son:

  • Vivendas unifamiliares: ata 12.500€ (15.000€ se hai unha persoa con discapacidade e 18.000€ se o grao de discapacidade é do 33% ou superior).
  • Edificios de vivendas: ata 9.000€ por vivenda e 90€/m2 de local comercial.
  • Vivendas en edificios: ata 6.000€ por vivenda (con aumentos ata 15.000€ ou 18.000€ segundo a discapacidade).
  • En todos os casos, a axuda cubrirá un máximo do 60% do custo da obra (80% se hai residentes con discapacidade ou maiores de 65 anos).

Prazos e requisitos

As vivendas e edificios deben estar finalizados antes de 2006, agás se residen neles persoas con discapacidade do 33% ou superior. As obras non poderán terse iniciado antes do 1 de xaneiro de 2022 nin estar finalizadas antes da publicación da convocatoria.

O prazo máximo para a execución das obras será ata o 1 de decembro de 2026, cun límite de 12 meses desde a resolución para vivendas unifamiliares e 24 meses para edificios residenciais.

Ver resolución do DOG en xunta.gal >

 

Ascel, expertos en Ascensores e Accesibilidade en elevación

Se a rehabilitación da súa vivenda ou edificio inclúe a reforma ou instalación dun ascensor ou algún sistema de Accesibilidade en elevación, lembre que en Ascel somos fabricantes e instaladores e que estaremos encantados de asesoralo en calquera das súas necesidades.

Chámanos agora! 986 19 19 66 ou escríbenos mediante o formulario de contacto ou a info@ascel.es

 

Tes algunha dúbida?

Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.

Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966