Se o seu edificio ou vivenda está situado no Concello de Vigo e necesita unha rehabilitación, é moi probable que esta noticia sexa do seu interese. En Ascel queremos poñérllelo fácil, e por iso traémoslle un pequeno resumo para que estea sempre ao tanto das axudas e subvencións existentes para ter a súa vivenda ao día.
Que son as Subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas ARI de Vigo
As Subvencións para a rehabilitación de edificios e vivendas nas ARI de Vigo son subvencións destinadas a cubrir parte dos gastos da execución das obras ou traballos de mantemento e intervención en vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos á normativa vixente, sempre dentro das áreas de rehabilitación do Concello de Vigo, e só se pode optar a elas se o edificio conta cunha referencia catastral propia.
A quen está dirixido
Poderán ser beneficiarios das axudas os solicitantes que asuman a responsabilidade da execución integral da actuación.
Cumpres algún destes requisitos?
- Propietarios únicos de edificios de vivendas
- Propietarios de vivendas
- Comunidades de propietarios de edificios de vivendas en réxime de propiedade horizontal
- Agrupacións de comunidades de propietarios
- Consorcios e entes asociativos de xestión
- Persoas físicas ou xurídicas que posúan un dereito real sobre o inmoble que lles permita acometer as actuacións de rehabilitación
- Inquilinos autorizados polo propietario.
Que obterei con esta subvención?
A contía máxima das axudas non excederá o 50% do custo subvencionable da actuación, ata un máximo de 25.000 euros por cada vivenda obxecto de rehabilitación.
- Nas vivendas nas que os ingresos da unidade de convivencia residente sexan inferiores a 3 veces o IPREM, a porcentaxe máxima da axuda sobre o investimento poderá chegar ao 85%.
- Para obras de mellora da accesibilidade poderase chegar a unha axuda do 85% do custo da actuación en vivendas con residentes con discapacidade ou maiores de 65 anos.
- En casos de nova vivenda xerada en substitución doutra previamente demolida, a axuda máxima non poderá exceder do 40% do custo subvencionable da actuación, ata un máximo de 30.000 euros.
Cando o importe do custo subvencionable supere a cantidade de 40.000 euros, será necesario presentar 3 orzamentos
Como solicitar as Subvencións para a Rehabilitación de edificios e vivendas do Concello de Vigo?
Antes de nada, non esqueza que o prazo de presentación remata o 11 de abril de 2022.
Os trámites poderán levarse a cabo por internet a través da sede electrónica do Concello de Vigo premendo aquí.
Os trámites tamén poderán levarse a cabo de forma presencial, cubrindo os impresos pertinentes e presentándoos no Rexistro Xeral da Xerencia de Urbanismo de Vigo.
Ascel, expertos en Ascensores e Accesibilidade en elevación
Se a rehabilitación da súa vivenda ou edificio inclúe a reforma ou instalación dun ascensor ou algún sistema de Accesibilidade en elevación, lembre que en Ascel somos fabricantes e instaladores e que estaremos encantados de asesoralo en calquera das súas necesidades.
Chámanos agora! 986 19 19 66 ou escríbenos mediante o formulario de contacto ou a info@ascel.es
Tes algunha dúbida?
Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.
Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966




