As axudas para facer as vivendas máis accesibles poderán chegar a cubrir o 60% do custo da obra, cun límite de 21.000 euros por inmoble.

A convocatoria deste novo programa prevé subvencións de ata 21.000 € por vivenda e dará continuidade ás axudas que desde 2019 permitiron actuar sobre 3.700 inmobles na provincia de Pontevedra

A Xunta de Galicia destinará este ano arredor de 4 millóns de euros a lanzar unha nova convocatoria de axudas para a mellora da accesibilidade en vivendas e edificios de uso residencial, un programa que lles dará continuidade ás axudas que nos últimos tres anos permitiron intervir sobre máis de 11.000 vivendas en toda Galicia.

Así o subliñou o 21 de marzo en Vigo a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, no marco dun dos encontros informativos #ConstruíndoFogar organizados polo seu departamento e cos que seguirá percorrendo varias comarcas galegas nas próximas semanas para dar a coñecer entre os seus potenciais beneficiarios o conxunto de subvencións en materia de vivenda que se convocarán ao longo de 2022.

Acompañada pola delegada territorial da Xunta na cidade, Marta Fernández-Tapias, e ante 200 representantes municipais, empresarios, profesionais de distintas ramas do sector e veciños dos 14 concellos da área de Vigo, Ángeles Vázquez subliñou a gran oportunidade que suporá para Galicia a trintena de programas de axudas que xestionará a Consellería este ano e que permitirán poñer á disposición de particulares, entidades locais e promotores máis de 150 millóns de euros para actuar no ámbito residencial.

Así, a responsable autonómica aproveitou a súa presenza na cidade que concentra a maior demanda de vivenda de toda Galicia para animar os asistentes a aproveitar estes fondos e a axudar tamén á Xunta na súa difusión, co fin de garantir que cheguen ao maior número posible de beneficiarios.

Neste sentido, e dentro do capítulo de impulso á rehabilitación residencial, explicou que proximamente o seu departamento convocará a liña de axudas para facer máis accesibles as vivendas xa construídas, con incentivos que poderán chegar a cubrir o 60% do custo da obra, cun límite de 21.000 euros por inmoble.

 

Beneficiarios na área viguesa

Durante a súa intervención no foro, a conselleira animou os asistentes a informarse sobre o amplo abano de axudas en materia de vivenda ao que poderán optar en 2022 e a contribuír deste xeito a dinamizar o mercado da vivenda en Vigo e na súa área de influencia.

Así, a secretaria xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, María Ángeles Domínguez, fixo unha presentación detallada dos diferentes programas que xestionará este organismo, incidindo especialmente nos requisitos de acceso, os colectivos aos que van dirixidos, as contías das axudas e os prazos de presentación, no caso dos que xa foron publicados.

En concreto, haberá outros incentivos á rehabilitación residencial dirixidos a particulares e comunidades, como as axudas a nivel de vivenda, que se poden solicitar ata o 14 de outubro para obter ata 3.000 euros para mellorar a eficiencia enerxética dos fogares, principalmente a través do cambio de xanelas; ou a nova convocatoria de axudas na área de rehabilitación supramunicipal dos Camiños de Santiago, que estará aberta ata o 30 de setembro e resulta de especial interese nesta área, xa que o itinerario portugués, incluída a súa variante pola costa, discorre por Baiona, Mos, Nigrán, O Porriño, Redondela e Vigo.

 

Por último, cómpre lembrar que xa está dispoñible en formato dixital a guía informativa elaborada pola Xunta sobre os programas de axudas para a rehabilitación enerxética no ámbito residencial, un documento que se pode descargar desde a páxina web do IGVS.

Moi pronto máis información.

 

Orixe do contido: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/67156/xunta-destinara-este-ano-4-linea-ayudas-para-obras-accesibilidad-edificios-residenciales

 

 

Ascel, expertos en Ascensores e Accesibilidade en elevación

Se a rehabilitación da súa vivenda ou edificio inclúe a reforma ou instalación dun ascensor ou algún sistema de Accesibilidade en elevación, lembre que en Ascel somos fabricantes e instaladores e que estaremos encantados de asesoralo en calquera das súas necesidades.

 

Chámanos agora! 986 19 19 66 ou escríbenos mediante o formulario de contacto ou a info@ascel.es

 

Tes algunha dúbida?

Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.

Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966