Publicada no DOG nº 63 do 4 de abril de 2016 a RESOLUCIÓN pola que se convocan para o ano 2016 as subvencións do Programa de rehabilitación edificatoria do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas

As axudas están dirixidas a obras de rehabilitación e mantemento en edificios finalizados antes de 1981, co 70% do seu uso de tipo residencial colectivo, e co 70% das vivendas destinadas a domicilio habitual. Admítense excepcións nestes requisitos cando os edificios presenten graves danos e se destinen ao alugamento durante os 10 anos posteriores á concesión da axuda.

As actuacións subvencionables son as dirixidas á conservación, á mellora da calidade e da sustentabilidade e á realización de axustes razoables en materia de accesibilidade nos edificios de tipoloxía residencial colectiva.

Para consultar as actuacións subvencionables e ver a información completa, preme na seguinte ligazón:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2016/20160404/AnuncioG0423-220316-0004_gl.html