O pasado día 28 de decembro de 2015 a XUNTA DE GALICIA publicou unhas novas subvencións destinadas á Renovación Total ou Parcial de Ascensores Existentes. Trátase dunhas axudas que subvencionarán a mellora dos ascensores xa instalados en edificios, permitindo renovar os ascensores antigos.
Estes investimentos en renovación de ascensores deberán permitir unha redución anual de, polo menos, o 35% no uso da enerxía convencional ou un incremento xustificable da seguridade. O prazo para solicitar as axudas ábrese o día 20 de xaneiro de 2016 e pecha o día 20 de abril de 2016.
Para ver a información completa, preme na seguinte ligazón:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20151231/AnuncioG0424-281215-0017_gl.html
Tes algunha dúbida?
Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.
Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966




