Se estás a valorar a opción de instalar un ascensor na túa vivenda unifamiliar, desde Ascel Elevación – Ascensores de Galicia queremos darche as claves para que poidas valorar se é ou non unha opción viable.

Os ascensores pequenos para vivendas son unha fantástica opción para mellorar a accesibilidade dunha casa con varias alturas de forma 100% segura.

Cales son as vantaxes de instalar un ascensor unifamiliar na túa vivenda?

A vantaxe principal da instalación dun ascensor unifamiliar é que, cunha gran adaptabilidade ao espazo, permitirache conectar espazos en ata 15 metros de altura. Isto significa que poderemos usar estes pequenos ascensores en vivendas de ata cinco plantas ou pisos.

Este tipo de elevadores teñen un consumo baixo grazas á súa eficiencia enerxética, entre 2 e 2,2 kW, e poderás instalalo coa potencia contratada (na maioría dos casos). Funciona en calquera enchufe do fogar (monofásico 220 V) e ten un gasto mínimo. Consome como un secador.

Ademais, esteticamente son moi similares aos ascensores convencionais, e comparten con eles un gran número de compoñentes, elementos de seguridade e posibilidades de personalización.

É un sistema 100% seguro, dotado dun sistema de rescate de emerxencia que permite evacuar os pasaxeiros mesmo sen subministración eléctrica.

Apto para toda clase de vivendas, xa que o facemos á túa medida: dispoñemos dunha ampla gama de modelos e acabados que se adaptan ás túas necesidades.

 

Que tamaño debe ter un elevador para a miña vivenda?

En Ascel somos expertos en Ascensores á medida; aínda así, recomendámosche que, sempre que te decidas a instalar un ascensor na túa vivenda unifamiliar, optes por unha opción accesible. A que nos referimos? A cabina do ascensor debe dispoñer duns mínimos para que sexa accesible para unha persoa en cadeira de rodas (1 metro de ancho por 1,2 metros de fondo como mínimo).

Esta opción non só mellorará a accesibilidade da súa vivenda, senón que sumará ao seu valor de cara a unha futura venda.

 

Tes algunha dúbida?

Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.

Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966