En moitas ocasións asociamos o servizo de mantemento dun ascensor cun técnico dispoñible se falla o ascensor da nosa vivenda ou comunidade. En Ascel imos moito máis lonxe xa que, co noso Mantemento preventivo de Ascensores, o noso obxectivo é que o ascensor non chegue a dar problemas.

 

En que consiste o mantemento preventivo de ascensores

O mantemento preventivo de ascensores, como o seu nome indica, é un servizo de prevención.

Os nosos técnicos revisarán periodicamente cada ascensor e aplicaranlle o mantemento oportuno, axustando cada mecanismo, engraxando as engrenaxes e substituíndo as pezas de desgaste que sexa necesario.

Con este servizo, os problemas serán mínimos: menos chamadas ao servizo técnico a altas horas e menos incidencias. Ao final… gañamos todos 😉 .

 

E se o meu ascensor é doutra marca que non é Ascel?

Os nosos técnicos de mantemento contan cunha ampla experiencia no sector, polo que están altamente capacitados para manter e arranxar ascensores de calquera modelo e fabricante do mercado. Ascensores hidráulicos, eléctricos ou pneumáticos con e sen cuarto de máquinas, montacargas, elevadores unifamiliares, ascensores panorámicos… ningún se nos resiste!

 

E se teño unha avaría?

Se, malia o mantemento preventivo, o teu ascensor sofre unha avaría, non debes preocuparte.

Os nosos técnicos están dispoñibles as 24 horas do día para atender incidencias.

 

E o máis importante…

Non esqueza que un ascensor cun bo mantemento e que cumpre todas as normativas é, sen dúbida, un ascensor máis seguro para todas as persoas usuarias, tanto en vivendas como en comunidades de veciños ou edificios comerciais.