Ascel Elevación leva anos realizando o mantemento de máis de 15 ascensores nas instalacións do Hotel Balneario de Mondariz, un complexo hoteleiro e termal que se remonta a 1873 e unha referencia do termalismo en Galicia.

Ademais, neste ano 2022, desde Ascel estamos a levar a cabo unha importante obra de substitución do ascensor á medida que se atopa no Palacio da Auga, a instalación máis grande do Balneario de Mondariz, con máis de 3.000 m2.

A obra implicará a substitución do obsoleto ascensor actual en plena tempada turística por outro ascensor á medida e especialmente preparado para tolerar as condicións desta contorna tan especial, con altos niveis de humidade. Por iso deseñouse un ascensor en inox cun tratamento especial anticorrosión para que dure moitos anos.

Moi pronto amosarémosvos o resultado.

 

Bótalle unha ollada ao noso ascensor panorámico.