En Ascel somos especialistas en deseñar, fabricar e instalar ascensores á medida en Galicia.
Moitos edificios residenciais ou vivendas unifamiliares non dispoñen de elevador, o que dificulta a vida dos seus inquilinos e réstalle valor ao inmoble. Coa tecnoloxía de Ascel é posible reverter estas situacións, mesmo cando existe un espazo reducido para o ascensor.
Coas solucións á medida de Ascel, ter un elevador cómodo e moderno que revalorice a vivenda está ao alcance de calquera propietario ou comunidade de veciños.
Que instalamos?
- Ascensores á medida para ocos pequenos.
- Ascensores á medida para ocos irregulares.
- Ascensores á medida para ocos especiais.
Ascel, ascensores á medida en Galicia
En Ascel desenvolvemos un sistema de xestión que permite proxectar e fabricar elevadores pensados especificamente para adaptarse aos espazos máis difíciles e complicados: ocos irregulares, foso e fuxida reducidos, sen cuarto de máquinas…
Buscamos, mediante a fabricación de ascensores á medida en Galicia, a perfecta integración dos nosos aparellos elevadores tanto interiores como exteriores, optimizando ao máximo o espazo dispoñible, logrando as máximas dimensións de cabina e combinando á perfección estética, tecnoloxía, confort e seguridade.
Proxectos chave en man
Como especialistas no deseño de elevadores para espazos reducidos, ofrecemos solucións chave en man, xa que nalgunhas intervencións hai que combinar a instalación coa obra civil.
Atención personalizada e asesoramento profesional
O noso equipo técnico encargarase de estudar en detalle o proxecto co fin de ofrecer as mellores solucións e alternativas.
Servizo de mantemento preventivo e reparación de avarías
En Ascel, Ascensores de Galicia, tamén contamos cun plan de mantemento preventivo completamente axustado ás necesidades do ascensor, que garante o seu bo funcionamento. Do mesmo xeito, temos unha asistencia técnica dispoñible as 24 horas do día para a reparación inmediata de avarías.
Ampla gama de produtos
Ascensores pneumáticos, hidráulicos, eléctricos con e sen cuarto de máquinas… posuímos un extenso catálogo de elevadores e adaptámonos ás características e peculiaridades de cada edificio.
Instalación de ascensores para edificios sen oco nas escaleiras
Sexa cal sexa a situación do inmoble, sempre hai unha solución eficaz, mesmo cando o inmoble non posúe espazo nas escaleiras.
Nestes casos, pódense levar a cabo diversas alternativas, como a instalación dun aparello elevador exterior integrado coa fachada do edificio, o que supón un impacto mínimo no edificio ao utilizar estruturas autoportantes adaptables á arquitectura de cada inmoble. E todo iso cumprindo as normativas vixentes.
Ascensores á medida en Galicia ao mellor prezo
Goza da máxima calidade a un prezo competitivo, beneficiándote das mesmas características avanzadas de calquera outro elevador: eficiencia enerxética, seguridade, regulación e mantemento sinxelo, ecoloxía…
Queres máis información? Contacta connosco. Estudaremos as túas necesidades e ofrecerémosche unha solución e un orzamento sen compromiso.




