ASCEL ELEVACIÓN, DISTRIBUIDOR OFICIAL EN GALICIA DE PNEUMATIC VACUUM ELEVATORS, ESTARÁ NA FEIRA SICO EN VIGO (DÍAS 5, 6 E 7 DE ABRIL)

Os días 5, 6 e 7 de abril de 2019, o equipo de Ascel Elevación Ascensores de Galicia estaremos na Feira SICO (Salón do Interiorismo e a Construción), que terá lugar no IFEVI (Instituto Feiral de Vigo).

Alí estaremos presentando os ascensores pneumáticos de baleiro do fabricante Pneumatic Vacuum Elevators.

Esta innovadora e revolucionaria tecnoloxía funciona aproveitando un dos recursos máis abundantes do planeta: o AIRE.

A estrutura destes ascensores é moi lixeira, totalmente panorámica e autoportante, o que permite instalala rapidamente e sen obras en poucos días. A súa instalación non require foso nin sala de máquinas, xa que se trata do único ascensor do mercado que se instala fácil e directamente sobre o chan existente.

Os ascensores pneumáticos son ideais para a súa instalación en vivendas unifamiliares que necesitan unha mellora na súa accesibilidade, xa que precisan de pouco espazo para integrarse na vivenda e o seu aspecto elegante diferéncianos dos ascensores convencionais.

 

Ver todos os nosos ascensores.

 

Tes algunha dúbida?

Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.

Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966