Como especialistas en solucións de accesibilidade, encargámonos de instalar cadeiras salvaescaleiras en Galicia en todo tipo de vivendas. Ademais, as nosas cadeiras sobe escaleiras son aptas para tramos rectos e curvos, así como para o interior e o exterior da casa.

As cadeiras eléctricas para escaleiras son perfectas para que persoas con mobilidade reducida, persoas maiores ou persoas en situación de discapacidade poidan recuperar a súa autonomía e gozar dunha contorna libre de barreiras arquitectónicas.

En definitiva, trátase dunha solución óptima para recuperar a calidade de vida, aumentar a independencia e incrementar o confort diario no fogar.

Principais características das nosas cadeiras salvaescaleiras en Galicia

  • Gran mobilidade doméstica. As nosas cadeiras elevadoras para escaleiras proporcionan unha gran mobilidade dentro da vivenda, superando con éxito tramos rectos e curvos.
  • Ampla versatilidade. Pódense instalar no interior ou no exterior da casa.
  • Silenciosa, cómoda e segura. O arranque, a parada e o desprazamento son moi suaves.
  • Sinxela de utilizar e con asento xiratorio para facilitar a subida e a baixada das escaleiras.
  • Elevado confort. Respaldo amplo e acolchado, telemando para situar o salvaescaleiras no nivel desexado e cinto de seguridade.
  • Dimensións reducidas. Nunha soa operación pódense pregar o repousapés, os brazos e o asento.
    • Panca de mandos no apoiabrazos con control de desprazamento simple e directo.
  • Sensores de parada. Detense en caso de presenza de posibles perigos (obxectos na escaleira).
  • Batería de recarga automática e chave de seguridade.
  • Instalación rápida e sinxela con guías esveltas e sólidas.

O mellor prezo en cadeiras salvaescaleiras

En Ascel ofrecémosche o mellor prezo en cadeiras salvaescaleiras en Galicia. Se buscas opcións para mellorar a accesibilidade na vivenda, non o dubides. Contacta connosco e farémosche chegar un orzamento 100% personalizado, adaptado por completo ás túas necesidades e sen compromiso.

Ascel, solucións en accesibilidade e elevación. Contacta connosco! Encantaranos escoitarte e axudarte en todo o que necesites.

 

Tes algunha dúbida?

Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.

Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966