En Ascel, pioneiros en solucións de elevación e accesibilidade, ofrecemos plataformas salvaescaleiras en Galicia co fin de mellorar a calidade de vida no traballo ou no fogar.
Perfectas para eliminar barreiras arquitectónicas, as nosas plataformas salvaescaleiras adáptanse por completo ás necesidades do proxecto e do edificio. Ademais, son opcións cómodas, seguras e eficientes que se poden instalar en comercios, oficinas, edificios residenciais, vivendas unifamiliares, comunidades de veciños ou empresas públicas e privadas.
Proporcionamos diferentes plataformas elevadoras inclinadas para salvar barreiras arquitectónicas en tramos rectos e curvos, no interior ou no exterior, para que as persoas con mobilidade reducida ou en cadeiras de rodas sexan capaces de superar unha escaleira ou unha serie de chanzos coa máxima seguridade e confort.
Principais características das nosas plataformas salvaescaleiras en Galicia
-
- Versatilidade. As nosas plataformas salvaescaleiras inclinadas seguen o percorrido da escaleira tanto en tramos rectos como en tramos curvos. Ademais, pódense instalar no interior ou no exterior.
- Adáptanse á variación de inclinación dun rellanzo ou dunha rampla.
-
- Ramplas ou brazos de protección que aumentan a seguridade das persoas usuarias.
- Prácticas e seguras, permiten superar barreiras arquitectónicas facilmente.
- Ideais para usuarios de cadeira de rodas eléctrica, achegando confort no traxecto.
- Única plataforma totalmente automática.
- Amplas posibilidades de equipamento.
- Non require ningún tipo de obra para a súa instalación. Montaxe e posta en marcha rápidas.
- Conforme ás directivas europeas de baixa tensión, compatibilidade electromagnética e directiva de máquinas.
Proxectos chave en man e orzamentos á medida
Cada edificio ou proxecto é diferente. Por iso, desde Ascel ofrecemos, se se desexa, proxectos chave en man, levando a cabo todos os traballos desde as fases iniciais ata as finais.
Por suposto, proporcionamos orzamentos á medida, completamente axustados ás necesidades de cada propiedade. Ademais, o noso equipo técnico cualificado estará en todo momento á túa disposición.
Plataformas salvaescaleiras en Galicia de Ascel: calidade, eficiencia e confort para que os desniveis deixen de ser un inconveniente.
Queres máis información? Contacta connosco!
Tes algunha dúbida?
Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.
Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966




