A principios do ano 2023, en Ascel Elevación encargámonos da substitución completa do ascensor á medida dun edificio residencial no centro de Vigo.

En que consistiu o proxecto?

Este edificio residencial da rúa María Berdiales de Vigo contaba cun ascensor completamente obsoleto que non cumpría os requisitos técnicos. Desde Ascel achegámonos para estudar as necesidades concretas do edificio e propuxémoslles un proxecto de instalación dun novo ascensor á medida con substitución completa da maquinaria.

 

Cal foi o resultado?

Os nosos técnicos Carlos e Alejandro puxéronse mans á obra para adaptarse ás complexidades do proxecto, instalando un ascensor con dobre embarque, de complicada enxeñaría e dimensións reducidas.

Finalmente, grazas ao uso dun foso reducido (con menos altura ca un foso convencional), elimináronse barreiras arquitectónicas e puideron substituírse as escaleiras de acceso existentes desde o portal por unha pequena rampla, mellorando notablemente a accesibilidade do edificio.

 

DETALLES TÉCNICOS

  • Capacidade: ata 3 persoas
  • Acceso: dobre embarque (frontal e lateral)
  • Tipo de ascensor: Ascensor á medida
  • Distancia: 9 plantas / paradas
  • Foso: reducido
  • Acabados: Deseño de cabina Hades
    • Baixoteito: Bandexa LTK-22 en aceiro brillo. Difusor de metacrilato.
    • Paredes: Panos de laminado Fresno Estepa, acabado Sega, entrerrúas horizontais de aceiro brillo. 3/4 de espello ao fondo.
    • Botoeira: Modular plus. Acabado grafito.
    • Perfilaría: Aceiro inoxidable brillo.
    • Pavimento: Mármore. Branco Italiano

Convidámoste a saber máis sobre os nosos Ascensores á medida e a visitar o noso catálogo.

 

Tes algunha dúbida?

Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.

Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966