En 2022, en Ascel Elevación encargámonos da instalación dun elevador (montacargas) de carga acompañada (EHM 1500) nunha coñecida empresa da industria alimentaria en Galicia.
En que consistiu o proxecto?
Instalación dun montacargas de carga acompañada á medida nunha nave de produción industrial da industria alimentaria para salvar unha altura aproximada de 4 metros e permitir o trasfego interno de produto.
Características especiais deste Montacargas
Como na maioría dos montacargas para procesos industriais, o noso equipo tivo que adaptarse ás necesidades concretas do cliente para ofrecerlle unha solución á medida.
Neste caso optouse por acabados en INOX, fundamentais para o uso alimentario grazas á súa fácil limpeza e desinfección. Instalamos tamén un pavimento antiescorregadizo para previr accidentes, xa que na planta é frecuente o traslado de alimentos que poden verter líquidos.
DETALLES TÉCNICOS DO MONTACARGAS
- Modelo: Elevador de carga acompañada EHM 1500
- Capacidade: ata 1.500 Kg
- Acceso: embarque simple
- Tipo de ascensor: Ascensor á medida
- Distancia: 2 paradas / 4 metros aprox.
- Acabados: INOX e pavimento antiescorregadizo de goma
Convidámoste a saber máis sobre as nosas Plataformas de carga acompañada e a visitar o noso catálogo.
Tes algunha dúbida?
Tanto se tes algunha dúbida como se desexas solicitar un orzamento á medida das túas necesidades, en Ascel Vigo poñémonos á túa disposición para o que necesites.
Escríbenos sen compromiso! ou chámanos ao 986 191 966




